4/17/2009

O lapis do carpinteiro

O lapis do carpinteiro é unha historia de amor, melancolía e liberdade. Un grande amor en tempo de guerra e posguerra que chega aos nosos días entre Marisa Mallo, unha fermosa moza de Fronteira, filla dunha familia reaccionaria e o médico republicano Daniel Da Barca.

Este filme é a adaptación do libro de Manolo Rivas que ten o mesmo título e está baseado nunha historia real. Anímovos a ver esta peli que vos fará rir e chorar ao mesmo tempo.


Ficha técnica:
- Dirección: Antón Reixa
- Produción: Juan Gordón e Antón Reixa
- Guión: Xosé Morais e Antón Reixa
- Música: Lucio Godoy
- Fotografía: Andreu Rebés

Reparto:
Tristán Ulloa
Luis Tosar
María Adánez
Nancho Novo

10 comentarios:

Anónimo dijo...

Alba Cordido 3ºA
É unha película moi interesante xa que conta a historia de dous namorados que sofren por amor e por culpa da guerra naquela época.
Algunhas veces pode resultar aburrida polas circunstancias políticas que se vivían naqueles tempos.

Patri dijo...

Sinceramente, e non é por quedar ben nin moito menos, esta película gustoum moito e facía xa tempo que non vía unha que m enganchara coma o fixo esta.
Sirve para ver como se vivía naquelas condicións políticas e de moitas das atrocidades que cometían como matar a xente sin piedade tan só pola súa maneira de pensar.

Anónimo dijo...

Gran película, están moi presente os aspectos do cárcere e a vida entre catro paredes. Mentres que o amor influe nos actos. Gustoume moito.

Anónimo dijo...

esta moi ben
recomendolla a todo o mundo.

Anónimo dijo...

Alba.S 3ºA
Esta película gustoume bastante, as veces facíase un pouco pesada pola situación política pero foi entretida.
A historia de amor de Daniel da barca e Marisa pareceume moi bonita.
Recoméndoa porque ao vela pódese aprender cómo se vivía naquela época non tan lonxana.

Anónimo dijo...

YOLANDA MONTERO 1º BAC-B
Esta película non me gustou aínda que nos mostra como era a vida na época de Franco; as persoas pasábano moi mal, é dicir, os que estaban na cárcere estaban alí ou, tiñan unha situación moi cruel e ás veces permanecían en moitas pelexas.

Anónimo dijo...

Javier Yañez 1ºBach

Esta pelicula esta moi ben,a min persoalmente gustoume bastante,porque amosa a situacion que viven varias persoas republicanas en contra das ideas dos nacionais
durante a guerra civil.
E dende o carcel amosase a situacion que viven e como fusilan a moitos deles simplemente por ter outros ideais o mesmo tempo que se conta unha historia de amor.

Anónimo dijo...

Persoalmente gustoume moito esta pelicula xa que a historia que se conta é moi entretida e aprendese moito de como era a vida da época.

Anibal Mejuto

Anónimo dijo...

esta pelicula e das mellores que teño visto, porque trata dun tema realista que non hai moito tempo que pasou, o que mais me impactou da pelicula e como trataban os republicanos ,tamen gustoume moito a historia amorosa de daniel e marisa, sen duda recomendolle a toda xente que queira ver unha pelicula en condicións. miguel mejuto 1b

Anónimo dijo...

Esta pelicula gustoume moito porque conta unha historia de amor imposible, ainda que o final dixoume un pouco defraudada porque mo esperaba un pouco mellor, pero aínda así non está nada mal. GUSTOUME MOITO!!!!
Sandra 3ªA