4/19/2009

Pradolongo

Pradolongo é a historia de tres amigos da infancia que ven deteriorar a súa amizade a medida que os intereses de clase e os sentimentos amorosos entran nas súas vidas. Raquel, Martiño e Armando acaban de cumprir a súa maioría de idade. O verán preséntasecomo todos os demais, pero esta vez nada vai ser igual. O amor que os dous rapaces senten por Raquel e a venda de Pradolongo obrígaos a considerar os soños e os vínculos que os mantiveron unidos dende a infancia.
Historia de amores adolescentes e intereses económicos que vos gustará.

Ficha:
Director: Ignacio Vilar
Intérpretes: Rubén Ríos, Tamara Canoso, Roberto Polo

13 comentarios:

Anónimo dijo...

ivan combo
gustoume porque a min gustanme moito os animais e as cousas da aldea,oque mais me gustou foi que martin non queria vender o seu prado e queria seguir cos animais.o final pareceume un pouco trite porque tiveron que vender o prado.

Raquel dijo...

RAQUEL RODRÍGUEZ SÁNCHEZ

Pradolongo gustoume porque quen a interpreta son personaxes mais ou menos da nosa idade eran amigos que se levaban ben.Unha das cousas que menos me gustaron foi o final porque Martin non queria vender as teras e o final venderonos e foi o lugar donde pasaron toda a infancia.

Raquel dijo...

RAQUEL RODRÍGUEZ SÁNCHEZ

Pradolongo gustoume porque quen a interpreta son personaxes mais ou menos da nosa idade eran amigos que se levaban ben.Unha das cousas que menos me gustaron foi o final porque Martin non queria vender as teras e o final venderonos e foi o lugar donde pasaron toda a infancia.

Anónimo dijo...

PILY LOPEZ BESTEIRO...
Esta película inda que xa a vira botada pola TV gustoume moito, xa que me pareceu bonita a historia dos tres rapaces adolescentes que por primeira vez se namoran, pero, neste caso, Martíño e Armando pelexan por Raquel.
Ó final esperábao pola actitude de Raquel, que se decide por Martiño e non se vai con Armando de viaxe.

Anónimo dijo...

Celeste Arias Carballal
Está moi ben,é moi bonita e interesante.Trata de 3 rapaces que son moi amigos dende a infancia.Os dous rapaces,Martiño e Armando, están namorados de Raquel. Martiño é un rapaz que vive cos seus pais e seu irmán que traballa na mina do pai de Armando. Os pais de Armando son ricos, o seu pai e o xefe de mina. Raquel vive coa súa nai que é profesora. Os tres rapaces despois de clase sempre van ata Pradolongo a pasar o tempo, que é un prado moi bonito. Martiño non vendeu as súas terras que tiñan moita lousa e seu irmán non se saíu coa súa. Ó final conseguiu facer a explotación gandeira e Raquel non foi con Armando de viaxe e namorouse de Martiño.

Anónimo dijo...

Gustoume moito pero é un pouco pornográfica!

Fani dijo...

películas en galego??non gracias...!o cine galego é penoso...aínda que eu sexa galega ai que reconocer que as películas e series galegas son un coñazo!!

Anónimo dijo...

mais coñazo é a xente que epnsa iso...

Anónimo dijo...

Esta película gustoume moito porque conta a fermosa historia de tres mozos, os tres moi diferentes.
Unha das cousas que máis me agradou foi a música galega que se escoita nalgunhas escenas.
O que non me convenceu moito foi o final xa que non me gustou cando Martín e a súa familia se decidiron a vender o prado.
Recomendolla as persoas que lle guste o cine galego, pois reflexa a vida das persoas galegas.

CARLA RÍO VEA

Anónimo dijo...

Esta película gustoume moito, xa que conta a historia de tres amigos de distinta clase social que intentas salvar da venda un lugar moi importante para eles chamado Pradolongo, porque alí fora onde pasaran a maior parte da súa infancia.
O final non me gustou moito porque a familia de Martiño ten que vender as terras, pero iso non saca de que sexa unha película interesante e bonita.
Por iso recomendo vela a todos, MERECE A PENA!!

Sandra Penas Rivadulla 3ºA

Anónimo dijo...

Gustoume moito porque son rapaces máis ou menos da nosa idade.
O que máis me gustou foron as escenas da paisaxes de Galicia e tamén o final cando Martín e a moza acabaron felices e xuntos.
Recomendo esta película a todos aqueles aos que lles guste a natureza e os animais.

Andrea Vázquez Rodríguez 3ºA

Anónimo dijo...

Diego 3ºA

Sorprendeume porque pensei que non me ia gustar nada,pero gustoume bastante.Sobretodo o personaxe de Martiño que loita ata o ultimo momento por salvar Pradolongo.O que menos me gustou foi o seu irman que so quere conseguilos cartos, o resto dalle igual.Do final o unico que me gustou foi que Raquel e Martiño acabaron xuntos.

Anónimo dijo...

Andrea 3 b
Gustoume moito porque gustanme ese tipo de peliculas E ADEMAIS OS PERSONAXES INTERPRETAN MOI BEN O SEU PAPEL SOBRE TODO Martín. Recomendoa ainda que sexa un pouco trite.