5/08/2009

O agasallo de Silvia


Ao tempo que a súa familia e os seus amigos a estaban a soterrar, o corazón de Silvia latexaba con forza en Carlos, os seus cristalinos comezaban a ver nos ollos de Inés e o seu fígado destilaba perfectamente nas entrañas de Mateo.

Esta adolescente quería facer un agasallo moi especial, e deixábao gravado no seu vídeo-diario:O agasallo de Silvia.


Película para pensar e chorar.
FICHA:
Dirección: Dionisio Pérez
Intérpretes:
Bárbara Goenaga
Luís Tosar
Víctor Clavijo
Adriana Domínguez

4 comentarios:

Anónimo dijo...

fghfujhyfjh

SILVIA dijo...

Na miña opinión esta película non me gustou moito xa que nunca ocorre nada moi interesante nin intrigante senon que é un pouco aburrida, ademais tampouco me gustou moito que contara catro historias á vez que tampouco tiñan tanto en común.
A historia que menos me gustou foi a de Silvia xa que a ela só se lle via sentada falando para unha cámara polo que me resultou un pouco aburida, ademais nunca lle pasou nada emocionante, só ó final que descubriu que a súa felicidade e a dos demais era que ela morrera.
E a historia que máis me gustou foi a de Mateo porque contaba a súa vida peo viase o que lle estaba a ocorrer non como ca de Silvia, e gustoume moito cando se deu conta que non podía beber máis xa que estaba perxudiciándo a súa saúde.
Aínda así pasei un anaco entretido pero lendo o título esperábame outra cousa moito máis diferente, que contara unha soa historia.

Anónimo dijo...

Adrian Mato Vazquez 3 ESO A

Pois a miña opinion sobre esta pelicula é que non me gustou moito, xa que conta 4 aventuras a vez.
A historia que menos me gustou foi a de Silvia porque sempre está sentada nunha silla contando o que lle sucede algún día, a pesar de que está mal da cabeza.
A historia que mais me gustou foi a de Mateo, xa que sempre pide un zume e nunca pide nada de alcohol, sobre todo que despois tiña pensado refacer a sua vida xunto a outro chaval, cousa que o mataron o día anterior de marchar con Mateo.
Bero bueno eu doulle un aprovado.

Anónimo dijo...

Patricia Souto 3ºESO A

Esta película na miña opinión non me gustou nada comparado coa outra que vin que foi Mar Adentro, anque as dúas son de cine galego moi coñecido.
Trata de contarnos catro historias que en realidade non teñen nada que ver unhas cás outras.
O papel que menos me gustou foi o de Silvia, anque ela é a mais xenerosa coa acción de donar os seus órganos e que as outras tres persoas Inés, Carlos e Mateo; poidan vivir dignamente sen ningún tipo de problema tanto físico coma psíquico.