5/06/2009

Sempre Xonxa


Historia dunha muller e dous homes, Pancho e Birutas, dende a súa infancia no ano 1947 até a súa madurez no ano 1986. A emigración nas súas dúas vertentes de éxito e miseria, a complexidade das relacións humanas, a lenda que se confunde coa realidade nunha aldea que vai morrendo nos montes de Galiza.

Sempre Xonxa é para o audiovisual galego o que foi Cantares Gallegos para a nosa literatura, un fito que sinalou un camiño polo que seguir.

Segundo Chano Piñeiro, o seu director: "Facer cine en Galicia é posible, facer cine en galego é necesario"
FICHA:
Director: Chano Piñeiro
Intérpretes:
Manuel Alonso Pérez
Uxía Blanco
Roberto Casteleiro
Margarita Fernández

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Noelia Modia 1º BAC B
Gustoume xa que amosa como era a vida nesa época. Para min ten un significado moi sinxelo, trata de facernos ver que antes aínda que non tiñan todas as comodidades que temos agora podese vivir igual mais nós pensamos que non; isto non podía ser de mellor xeito que mostrandonos como un pai de familia deixa aos seus para emigrar.

Ana Sánchez Pandelo dijo...

Esta historia trata de tres rapaces que viven nun mundo apartado da civilización.
Os tres rapaces teñen que comezar unha nova vida porque xa maiores de idade e poden decidir por si mesmos.
Un deles emigra para as Américas pero non lle vai ben e decide volver cando os outros dous xa estan casados e teñen unha filla.
Tan mal lle foi nas Américas que se quixo suicidar.

Anónimo dijo...

YOLANDA MONTERO, 1ºBAC-B
Esta película a min persoalmente gustoume porque nos mostra a vida naquel entón, é dicir, cando pola súa situación económica as persoas necesitaban emigrar a América; ensinanos que a emigración non era igual para todos, para algúns era sair da pobreza e para outros era quedar como estaban. En resumo a película mostranos as dúas caras da emigración.

Anónimo dijo...

Este clásico ten lugar na época de inmigración.
A súa protagonista,Xonxa, vive nunha aldea de Galicia e comparte a súa vida con outros dous rapaces, que pasados uns anos,cambiarán de vida, un deles marchará para Ámerica e regresará cando os outros dous xa estean casados, frustrado, ao ver que Xonxa e o seu home se queren e son felices, e el, que presume de ter moitos negocios en Ámerica e ser moi rico, non ten ninguén que o queira.Pero non vos desvelo o final que a tedes que ver, recoméndovola.
Alba Fernández Buján 1ºBAC-A

Anónimo dijo...

Gustoume moito esta película porque amosa moi ben a vida naquela época, como a emigración, e penso que Xonxa é unha muller moi forte porque é capaz de traballar, coidar e manter ela soa o fillo e a ela mesma.

Patricia Vázquez Porto 1ºBAC B