7/04/2008

BLADE RUNNER

Blade Runner, de Ridley Scott
Estados Unidos, 1982 (VOS en castelán) NRM 13 anos
Director: Ridley Scott.
Intérpretes: Harrison Ford, Sean Young.

A acción transcorre no ano 2019 na cidade dos Ánxeles.
A Rick Deckard, un ex policía e experto Blade Runner, encárganlle a misión de perseguir uns replicantes, seres creados mediante enxeñería xenética, chamados Nexus 9, que son utilizados como escravos nas explotacións mineiras de Marte. O problema é que están feitos tan perfectamente que non poden ser diferenciados dos humanos, e moitos deles conseguiron chegar á Terra de forma ilegal. A misión dos Blade Runners, como Deckard é localizalos e eliminalos antes de que constitúan un perigo. Os replicantes son sumamente intelixentes e a súa capacidade para soportar a dor fainos moi perigosos.
Podedes ver o tráiler da pelicula aquí, e de paso escoitar a incrible banda sonora de Vangelis.

video

No hay comentarios: