2/16/2009

O NENO CO PIXAMA DE RAIAS

“Unha historia inmortal sobre a inocencia perdida e a humanidade atopada”.

Xa temos en DVD a adaptación cinematográfica de “El niño con el pijama de rayas”. Esta obra literaria de John Boyne, que conta a amizade entre un rapaz alemán , fillo dun militar nazi e un xudeu preso nun campo de concentración, durante a 2ª guerra mundial, leva unha cantidade inxente de edicións en diversos idiomas, convertíndose nun auténtico best-seller de principios do S.XXI . O guión da pelicula, que contou co asesoramento do autor, segue fielmente a novela orixinal, agás algunha variación non relevante, no final da historia. En canto aos actores, o personaxe do pai, está, quizais, un pouco “suavizado” na súa presentación inicial, con respecto á novela; a nai é a mesma dama de clase alta, que ao comezo, intenta non ver o que ao final non lle quedará máis remedio que aceptar ,no medio da súa traxedia. Pero o realmente salientable da película son os dous “ rapaces-actores” que interpretan aos personaxes de Bruno e Shmuel : ambos fan un taballo maxistral , cunha intensa expresividade nas súas caras de nenos inocentes, que non comprenden moi ben o que lles está a pasar, aínda que o intúan. Inocentes: “inocente” significa “ aquel que non fai dano, que non fai mal”.“Os maiores” foron os que fixeron ( ou deixaron que se fixese) ese mundo infernal no que a ambos lles toca vivir. Conta J.Boyne, que cando vai a un colexio e da unha charla, sempre lles di aos rapaces: “ dentro de 20 ou 30 anos, seredes vos os que gobernaredes . Coidade de non caer nesta aberración”. É así, todos pertencemos ao xénero humano, e todos podemos elixir un camiño ou outro.
Vós, os que xa lestes o libro, e tamén os que non o leron, animádevos a ver a película e deixade aquí a vosa opinión persoal sobre a mesma.
FICHA PELÍCULA
Título orixinal: The Boy in the Striped Pyjamas
Dirección
Mark Herman
Guión
Mark Herman, John Boyne (Autor de la novela)
Música
James Horner
Editor
Michael Ellis
Reparto
Vera FarmigaDavid ThewlisRupert FriendAsa Butterfield
País(es)
IrlandaReino UnidoEstados Unidos
Género
Drama
Clasificación
+7

2 comentarios:

Mon dijo...

Senon liches o libro eu recomendo que primeiro o leas e despois vexas a pelicula. O libro e sorprendente, comenza de forma que ninguen sospeita o que esta a acontecer, a cada paso vaste dando conta pouco a pouco ata acabar por sorprenderte totalmente cun final explosivo.
E de moi facil e cómoda letura

Anónimo dijo...

e tan boa como o libro??