7/15/2009

TOMATES VERDES FRITOS (FRIED GREEN TOMATOES)

Coa chegada das vacacións, ven á memoria unha película que transcorre en períodos estivais, no sur dos E.E.U.U: Tomates verdes fritos. Este filme trata de dúas historias, unha situada no pasado; unha historia de amizade, xustiza e lealdade, co tema do racismo ao fondo: amizade entre dúas mulleres fortes (logo dunha traxedia inicial) , afecto e fidelidade entre persoas por riba da súa raza e xustiza final. Polo medio desenvólvese a segunda historia, no presente: a transformación que experimenta unha sufrida esposa, invisible para o seu marido, grazas ao trato cunha velliña moi especial que coñece nunha residencia de xeito fortuito. Ela esperteralle as gañas de vivir e de saír do seu estancamento vital. A rebeldía que caracteriza a todos os personaxes femininos co fin de loitar por un mundo mellor e máis xusto, onde as mulleres e as persoas diferentes non sexan maltratadas de ningún xeito , é o fío conductor do relato. As actrices ( a veterana Jessica Tandy, Kathy Bates e Mary Stuart Masterson) están magníficas. A saudade dun pasado luminoso, que aínda se pode adiviñar no brillo dos ollos da "feiticeira" e misteriosa anciá, latexa en toda a película, de principio a fin. Un filme fermoso, emocionante, dos que chegan ao corazón.
FICHA TÉCNICA
Dirección
Jon Avnet
Música
Thomas Newman
Reparto
Mary Stuart Masterson (Idgie)Mary-Louise Parker (Ruth)Kathy Bates (Evelyn)Jessica Tandy (Ninny)Gailard Sartain (Ed)Stan Shaw (Big George)Cicely Tyson (Sipsey)Gary Basaraba (Grady Kilgore)Grace Zabriskie (Eva Bates).
Datos y cifras
País(es)
Estados Unidos
Año
1991
Género
Drama / Comedia
Premios Óscar
-Mejor actriz de reparto — Jessica Tandy
-Mejor guión adaptado — Fannie Flag y Carol Sobieski
Clasificación: todos os públicos.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Esta semana pasaron la película por la tele y me emocionó volverla a ver: esos paisajes sureños de USA, la amistad fuerte entre las dos mujeres, el odio racial y sobre todod la encantadora viejecita, Jessica Tandy. Una película hermosísima de las que hay que ver sin falta.