
- Director: Dalton Trumbo
- Guión: Dalton Trumbo
- Xénero: Drama
-Sinopse: O último día da I Guerra Mundial, Joe resulta gravemente ferido. No hospital, sen brazos, nin pernas, sen poder ver, nin alimentarse normalmente, recibe a mellor atención médica. Só a súa consciencia funciona, o que lle permite enfrentarse ao horror no que se convertiu a súa vida. O xove comeza a reflexionar sobre a súa existencia, pero sobre todo pensa na súa enfermeira, que consegue que el poida comunicarse. Gradualmente, vaise consolidando un grande amor entre ambos.
Unha película sobrecolledora, durísima, que incita á reflexión sobre dous temas básicos: por unha banda, conforma un firme alegato antibelicista, mentres que, por outra, expón de xeito claro o tema da eutanasia.
No seguinte enlace podedes ver o videoclip subtitulado ao castelán de “One”, de Metallica, canción baseada nesta película, cuxo vídeo contén esceas moi significativas da mesma. Agardamos que vos guste. http://www.youtube.com/watch?v=Us9XV7ML2J4
Lucía Mato Gómez, 1º BAC A, Antropoloxía
2 comentarios:
me encanto esa pelicula :) buena descripcion, saludos!
Película dura,sin concesiones, valiente.
Publicar un comentario