7/19/2010

CABALLERO SIN ESPADA. EXISTEN OS PERSONAXES DE FRANK CAPRA?

Aínda que xa metidos no verán , nunca é tarde para recomendar unha boa película, e se esta leva o “selo” de F. Capra, a calidade está garantida . Caballero sin espada, en inglés Mr. Smith goes to Washington, está filmada en 1939, con James Stewart no papel protagonista. Trátase da historia dun xoven e inxenuo monitor de boys-scouts, que é proposto como senador por unha serie de personaxes poderosos, seguros de que este se comportará coma un “home de palla” fácilmente manexable, a fin de conquerir os seus turbios propósitos. Jefferson Smith, fillo dun avogado que perdera a vida na defensa dos máis humildes, chega a Whasingthon, onde queda abraiado pola magnificencia da cidade . Pero decátase rápidamente do que queren facer con el: utilizalo para aprobar unha lei que vai en contra dos seus principios, á vez que beneficia a intereses de escuros personaxes. Coa axuda dunha secretaria do senado, loita con todas as súas forzas na cámara parlamentaria para defender a causa xusta nunha batalla desigual, na que o insignificante Mr. Smith, ten todas as de perder. Ao final, gaña a xustiza e o heroe Smith, ve recoñecidos os seus dereitos e os dos cidadáns aos que representa.
Frank Capra, emigrante italiano, nado en Sicilia, é considerado por moitos críticos como realizador de bos filmes, pero un pouco “edulcorados”, con un “happy end” que simbolizaría o agradecemento do bo emigrante á “terra prometida”. É certo que as películas de Capra “acaban ben”, e resaltan os valores da bondade e liberdade , pero isto non quere dicir que a vida de Capra fose un “camiño de rosas”, nin que sempre se atopase cos seus encomiables personaxes de ficción na vida real.
Non. A vida é dura, tamén en América e de certo que o foi para o autor de “Qué bello es vivir”. En Caballero sin espada (rodada en 1939, en que a meirande parte de Europa sucumbía ós totalitarismos) o chamado “soño americano” está patente como nunca, na loubanza das institucións políticas. Porque Capra entende que, con todas as limitacións de calquer sistema democrático, o parlamento e a liberdade de prensa serven, para que cualquer descoñecido e insignificante “Smith” poida facer realidade ese soño universal que os homes de ben ansían desde sempre: que todos os seres humanos sexan iguais ante a lei e teñan dereito a reivindicar xustiza, indepedentemente do seu sexo, condición social, raza, crenza ou ideoloxía. De non se respetar este dereito, estaríamos nun réxime totalitario.
En canto a si existen na vida real eses personaxes típicos das suas películas, con coraxe, desinterese e altruismo …..qué dicir?. Cada cal que faga a súa conta….. e o máis probable é que resulte pouco alentadora….Pero, como as meigas, habelos, hainos. Están misturados co resto da xente, non teñen ningunha etiqueta que os identifique, pero…..están cando teñen que estar. En realidade tod@s podemos nos converter nun personaxe de Frank Capra cando perdemos o medo ao soberbio, á persoa que sabemos que abusa, ao manipulador, ao totalitario, e cando, por diante dos nosos intereses, antepoñemos o sentido da dignidade e da xustiza .
Gracias, Frank Capra, por nos deixar estas películas que nos lembran que nunca podemos baixar a garda ante esas persoas con atractiva máscara, pero que agochan tras dela unha faciana indigna. Que non nos enganen e que @s saibamos descubrir a tempo!!. Disfrutade da película e feliz verán !!
FICHA CINEMATOGRÁFICA
Mr. Smith Goes to Washington
Título
El señor Smith va a Washington / Caballero sin espada
Ficha técnica
Dirección
Frank Capra
Producción
Frank Capra
Guión
Historia:Lewis R. FosterGuión:Sidney Buchman
Música
Dimitri Tiomkin
Fotografía
Joseph Walker
Montaje
Al ClarkGene Havlick
Reparto
Jean ArthurJames StewartClaude RainsEdward ArnoldGuy KibbeeCharles LaneThomas Mitchell
Datos y cifras
País(es)
Estados Unidos
Año
1939
Duración
129 minutos
Compañías
Productora
Columbia Pictures