4/30/2009

ANA FRANK

Director:Robert Dornhelm
Maio 2001 (USA)
Drama

Despois da invasión de holanda os Frank (que eran a familia de Ana Frank), emigraron a Amsterdam en 1933. Eran uns comerciantes xudeus e Alemáns, a súa emigración foi debida a crueldade coa que trataban os nazis aos xudeus na segunda guerra mundial. Permaneceron dende xuño de 1942 ata agosto de 1944, ou o que é o mesmo dous anos e dous meses.
O catro de agosto de 1944 foron descubertos do seu refuxio e foron levados a distintos campos de concentración.
A historia narra a vivencia dunha nena que tivo a súa infancia truncada pola discriminación e a pouca tolerancia á liberdade de culto.
Ao longo da vivencia de Ana Frank van entrando máis persoas naquel pequeno rocho (buhardilla), ata o punto de seren nove persoas.
O seu único entretemento era ler, alí coñeceu o seu primeiro amor. Tiñan que pasar todo o día sen facer ruído e case sen falar.
Opinión persoal:
Esta é unha película coa que podes descubrir moito sobre a historia e as relación humanas. É digna de ver, polo que nos pode ensinar: ensínanos que non debemos afastarnos dunha persoa polo simple feito de seren de outra relixión distinta ca nosa. En Alemaña, na época de Hitler os xudeus eran os mais discriminados tiñan que levar unha estrela que os distinguira, non lles estaba permitido viaxar en calquera medio de transporte, incluso tiñan que entregar as súas bicicletas, tiñan un horario limitado para facer a compra e saír á rúa, non podían ir a ningún lugar publico, nin practicar ningún deporte… e coma estas normas había moitas mais .
Isto tamén nos ensina que a intransixencia non e boa e que polo tanto non nos leva a ningures. Mostra a crueldade e a discriminación coa que se trataban ás persoas, cousa que grazas a deus non ocorre na actualidade (a lo menos non coa mesma crueldade).
Moitas persoas sufriron a crueldade da discriminación e iso non se esquece.

Laura López Roca 2ºB

As películas do momento

FUGA DE CEREBROS

Nun humilde Instituto de barrio estuda Emilio (Mario Casas), un rapaz tímido e cunha media de cinco, que leva toda a súa vida namorado en segredo de Natalia (Amaia Salamanca), a rapaza guapa e lista da clase. Cando o último día de curso, por fin se decide a declararse, a Natalia concédenlle unha beca para estudar Menciña en Oxford. Todo parece perdido para Emilio, pero os seus colegas marxinados do Instituto non están dispostos a rendirse.
Tras falsificar expedientes e becas, esta pandilla de descerebrados desembarcan en Oxford revolucionando a apacible vida do Campus: Un cego decidido a ter as mesmas oportunidades que os videntes, un heavy en cadeira de rodas con exceso de testosterona, un líder intelectual sen intelecto e un xitano cuxo punto forte, ademáis dos trapicheos e a estafa, é o seu bon corazón.
Unha comedia para non perderse!
Redactado por Marta

4/21/2009

EL CLUB DE LOS POETAS MUERTOS


Dead Poets Society (traducida en España como El club de los poetas muertos) é unha película estadounidense dirixida por Peter Weir en 1989 con guión de Tom Schulman. Protagonizada por Robin Williams, narra o encontro dun profesor de literatura cun grupo de estudantes en 1959 nunha prestixiosa e conservadora academia. A través da poesía, o profesor inspira un cambio nas vidas dos seus alumnos, que se rebelan contra o conservadurismo moral e reclaman o seu posto na sociedade. Gañou un Oscar ó mellor guión orixinal.
Persoalmente, penso que é unha película fantástica, que inda sendo bastante vella, serve para os de hoxe tamén, porque o importante é a mensaxe que nos quere transmitir:
"O día de hoxe non se volverá repetir. Vive intensamente cada instante. O que non significa aloucadamente, se non mimando cada situación, escoitando a cada compañeiro, intentando realizar cada soño positivo, buscando o éxito do outro, examinándote da asignatura fundamental: o Amor. Para que un día non lamentes ter malgastado egoístamente a túa capacidade de amar e dar vida."


FICHA TÉCNICA:
Dirección: Peter Weir
Duración: 124 min.
Género: Drama
Reparto: Robin Williams, Robert Sean Leonard, Allelon Ruggiero, Dylan Kussman, Gale Hansen, James Waterson, Lara Flynn Boyle, Josh Charles, Ethan Hawke
Guión: Tom Schulman
Música: Maurice Jarre
Productor: Paul Junger Witt, Steven Haft, Tony Thomas

É destas películas que non te deixan indiferente e que valen a pena ver.

Redactado por: Iria Parras Vázquez, 4ºA.

4/19/2009

Pradolongo

Pradolongo é a historia de tres amigos da infancia que ven deteriorar a súa amizade a medida que os intereses de clase e os sentimentos amorosos entran nas súas vidas. Raquel, Martiño e Armando acaban de cumprir a súa maioría de idade. O verán preséntasecomo todos os demais, pero esta vez nada vai ser igual. O amor que os dous rapaces senten por Raquel e a venda de Pradolongo obrígaos a considerar os soños e os vínculos que os mantiveron unidos dende a infancia.
Historia de amores adolescentes e intereses económicos que vos gustará.

Ficha:
Director: Ignacio Vilar
Intérpretes: Rubén Ríos, Tamara Canoso, Roberto Polo

13 badaladas


Xacobe, un escultor novo, volve á súa cidade natal, Santiago, despois de vinte anos de ausencia, cando descobre que súa nai, a quen cría morta, está en realidade internada nun psiquiátrico.

Esta volta vaino obrigar a se enfrontar co seu pasado, e levarao ao centro dun pesadelo no que el é a peza fundamental nun labiríntico plan.

Este filme está baseado na obra de Suso de Toro que leva o mesmo título.

O regreso á cidade que te viu nacer pode facerte sufrir, amar ou morrer.
Ficha:
Director: Xavier Villaverde
Intérpretes:
Juan Diego Botto
Marta Etura
Luis Tosar

4/18/2009

Romasanta, a caza da besta

Galiza, 1850. Cada día aparecen máis cadáveres e a lenda do home lobo medra. O feirante Manuel Romasanta coida deBárbara e da súa irmá. Pero Bárbara comeza a sospeitar: Por que Manuel nunca ten medo a cruzar o monte?
Esta película, que vos poñerá os pelos de punta, está baseada na historia real de Manuel Blanco Romasanta, o vendedor ambulante que confesou que matou trece persoas, utilizando a súa graxa para facer xabón. Romasanta foi xulgado en Allariz en 1852 e evitou a condena a morte alegando que en realidade era un home-lobo. A película está inspirada nun texto do escritor Alfredo Conde, tataraneto dun forense que declarou no verdadeiro xuízo contra Romasanta.
O filme rodouse na Fonsagrada, Sarria e Compostela. Se es amante do cine de terror, recoméndoche que a vexas.

Director: Paco Plaza
Intérpretes: David Gant, Tacho González, Laura Mañá e Elsa Pataky

4/17/2009

O lapis do carpinteiro

O lapis do carpinteiro é unha historia de amor, melancolía e liberdade. Un grande amor en tempo de guerra e posguerra que chega aos nosos días entre Marisa Mallo, unha fermosa moza de Fronteira, filla dunha familia reaccionaria e o médico republicano Daniel Da Barca.

Este filme é a adaptación do libro de Manolo Rivas que ten o mesmo título e está baseado nunha historia real. Anímovos a ver esta peli que vos fará rir e chorar ao mesmo tempo.


Ficha técnica:
- Dirección: Antón Reixa
- Produción: Juan Gordón e Antón Reixa
- Guión: Xosé Morais e Antón Reixa
- Música: Lucio Godoy
- Fotografía: Andreu Rebés

Reparto:
Tristán Ulloa
Luis Tosar
María Adánez
Nancho Novo

A lingua das bolboretas


A historia dunha infancia nun entorno rural case idílico sobre a que se cerne a sombra do alzamento contra a II República. Unha reflexión aceirada sobre o funesto destino ao que se viron enfrontados tanto os represaliados coma os superviventes do alzamento fascista do 36. Está baseada nos contos "A lingua das bolboretas", "Carmiña" e "Un saxo na néboa" , extraídos do libro "Que me queres, amor?" de Manolo Rivas

4/07/2009

EL TRIGO ESTÁ VERDE

Como sabedes este mes de abril está dedicado aos libros. A película que hoxe vos presentamos ten que ver coa importancia da cultura, da promoción social mediante os estudos de rapaces do medio rural a principios do século pasado. A sinopse do filme, é a seguinte: Miss Moffat é unha muller inglesa que se traslada a un pobo mineiro galés e queda abraiada ao ver a rapaces traballando nas minas: eses rapaces xa son homes vellos. Impresionada por esta situación. Miss Moffat decide facer algo por eles: escolarizalos. Katherine Hepburn protagoniza con brillantez esta versión do director George Cukor baseado na obra de Emily William. Hepburn atopou un atractivo especial no guión coa súa mensaxe de fe. A actriz comentou: “todo o mundo fala hoxe en día dos problemas da vida” pero “nesta obra trátase das súas posibilidades”. En efecto, esta obra maestra transmite dozura e esperanza.
Ficha cinematográfica
Ano de produción: 1979
País: EE.UU.
Dirección: George Cukor
Intérpretes: Katharine Hepburn, Ian Saynor, Bill Fraser, Patricia Hayes, Anna Massey, Artro Morris.
Guión: Ivan Davis
Música: John Barry
Fotografía: Edward Scaife
Distribuye en DVD: Warner
Duración: 93 min.
Público apropiado: Xóvenes
Género: Drama

4/03/2009

A passagem da noite

A passagem da noite é um filme de Luís Filipe Rocha, que trata do aborto. É este um tema muito actual e que está criando muita polêmica pela reforma desta lei. A protagonista é Mariana, tem 17 anos, vive na periferia de Lisboa e é estudante de liceu. Um dia vê-se confrontada com uma situação desesperada: é violada por um toxicodependente e descobre mais tarde estar grávida. Por medo, vergonha ou raiva decide encobrir de todos - pais, namorado, amigos, polícia e tribunal - e enfrentar o sucedido sozinha. Apenas um insistente inspector da judiciária, uma espécie de anjo da guarda, e uma prostituta pragmática assistem ao percurso secreto de sobrevivência à violação, subsequente gravidez indesejada e possível contaminação com sida desta jovem, que se vê assim forçada a uma "passagem" para a idade adulta conturbada. Uma história que retrata a passagem de uma fase inocente da adolescência para a vida adulta, de forma muito cruel, repentina e prematura