5/22/2009

LAS TORTUGAS PUEDEN VOLAR


FICHA TÉCNICA
Dirección: Bahman Ghobadi
Guión: Bahman Ghobadi
Música: Housein Alizadeh
Fotografía: Shahriar Assadi
Montaxe: Mustafa Kherqepush, Haydeh Safi-Yari
Reparto: Avaz Latif, Soran Ebrahim, Hiresh Feyssal Rahman, Saddam Hossein Feysal, Abdol Rahman Karim, Ajil Zibari Datos y cifras
Países: Irán, Francia, Iraq
Ano: 2004

SINOPSE
Poucos días antes da invasión de Iraq por EEUU, na fronteira entre Irán e Turquía, un grupo de refuxiados kurdos busca desesperadamente os medios necesarios para facerse cunha antena parabólica e así informarse sobre a inminente guerra que se aveciña.
Os protagonistas son nenos víctimas da guerra, mutilados, orfos, violados, famentos... que desarraigados loitan por sobrevivir en condicións infrahumanas. Os nenos están liderados por “Satélite”, un adolescente experto en antenas, que os organiza para traballar recollendo minas antipersoa que venden no mercado negro. O liderato de Satélite será cuestionado por Hengov, un rapaz mutilado dos dous brazos, que é capaz de ver o futuro e está sempre acompañado pola súa fermosa irmá Agrin e o seu irmanciño cego Riga.

A película amósanos o sufrimento diario da vítimas máis febles das guerras, os nenos. Nenos que xa están destrozados por outras guerras e se ven ameazados por outra nova. A eles dedicaba o premio o director, Bahman Ghobadi, emocionado ao recibir a Concha de Oro en San Sebastián, e afirmaba que a película realizárase cun presuposto moi baixo, xa que non tivera que amañar ningún escenario, todo estaba aí.
As tartarugas tamén voan é unha película moi crúa, na que a ficción e a realidade se mesturan, onde os actores son vítimas reais dos dramas que representan. A cinta non fai concesións, son poucos os momentos de humor e agradécense estes pequenos momento de distensión. De novo a guerra aparece coma un monstro que engule todo, cebándose cos máis débiles.

5/21/2009

TE DOY MIS OJOS


FICHA TÉCNICA
País: España.
Ano: 2003.
Duración: 106 min.
Dirección: Icíar Bollaín.
Interpretación: Laia Marull (Pilar), Luis Tosar (Antonio), Candela Peña (Ana), Rosa María Sardà (Aurora), Kity Manver (Rosa), Sergi Calleja (Terapeuta), Dave Mooney (John), Nicolás Fernández Luna (Juan), Elisabet Gelabert (Lola), Chus Gutiérrez (Raquel), Elena Irureta (Carmen).
Guión: Icíar Bollaín y Alicia Luna.
Producción: Santiago García de Leániz.
Música: Alberto Iglesias.
Fotografía: Carles Gusi.
Montaxe: Ángel Hernández Zoido.
Vestiario: Estíbaliz Markiegi.

SINOPSE
Toledo. Inicios do século XXI. Nunha escura noite de inverno, unha muller nova, Pilar, sae precipitadamente de casa co seu fillo. Está tan agobiada que sae de casa en zapatillas. Vaise porque o seu marido, Antonio, maltrátaa, agrédea, humíllaa. Antonio non tardará en ir a buscala porque, segundo di, Pilar é o seu sol e “deulle os seus ollos”. Ao longo do filme, a directora Icíar Bollaín intentará reflexionar sobre que é o que provoca que nunha parella haxa unha situación de violencia. Quererá responderse á seguinte pregunta: ¿por que dúas persoas que se queren chegan ao maltrato, á violencia e, en ocasións, ao asasinato?

Traballamos con esta película nunha das aulas de atención educativa de 1º de BAC, para facer unha reflexión sobre a violencia de xénero, coincidindo co 25 de novembro. Ás veces é difícil explicar un comportamento violento nun personaxe como Antonio, que en realidade quere á súa muller, pero que non sabe querer sen posuír, sen dominar... e que necesita o control absoluto sobre a outra persoa para sentirse forte. Antonio é unha persoa insegura, con baixa autoestima, que canaliza as súas frustracións diarias na violencia contra a súa muller.
Por outra banda, Pilar foi deixándose absorber polo seu home ata converterse nunha sombra e, segundo as súas propias palabras, deixar de "verse". Pilar é unha muller dependente económica e afectivamente do seu home, pero vencerá antes a dependencia económica que a afectiva. Pilar segue aferrada a un Antonio que a namorou e non renuncia á esperanza de que cambie, o que fai que volva con el e reviva o horror. Só a humillación total a fará reaccionar.
Comparamos a historia de Pilar e Antonio coa de Roz, protagonista do cómic Quiéreme bien, unha historia de autobiográfica, contada por Rosalind B. Penfold. Se queres saber máis acerca deste cómic ou da película, bota unha ollada á nosa unidade didáctica.

5/13/2009

GOOD BYE, LENIN !


Neste 2009 cúmprense 20 anos dende a caída do muro de Berlín, no mes de outubro. Esta película rememora estes feitos na persoa dunha muller, fervente comunista, que cae en coma, nos días anteriores ao cambio de réxime e esperta meses despois, cando Alemaña xa está reunificada. Aconsellado polos médicos, o seu fillo decide ocultarlle á nai todo o sucedido : fai unha "montaxe" na súa habitación, conservando todo segundo ela o deixara e coa axuda da irmá e dun compañeiro , que graba falsos vídeos, recrea o ambiente da antiga República Democrática Alemana, como se nada tivese acontecido. Pero, ao final, unha espiral de mentiras acaba por afectar á familia, que, en realidade, quedara partida en dous, como a cidade berlinesa polo muro e coma tantas familias alemanas.
Neste filme mistúranse as situacións cómicas e estrambóticas coas de amarga tristura e esperanza. En definitiva, trata do trauma que sempre supón o cambio radical de modo de vida e mentalidade a outros que supoñen un incerto futuro para os personaxes. Isto aconteceu hai dúas décadas en Alemaña.
A película conseguiu varios galardóns: 6 premios da Academia de Cine Europeo, Premio Ángel Azul á mellor película estranxeira entre outros.
Ficha técnica
Dirección
Wolfgang Becker
Producción
Clasificación: todos os públicos

5/12/2009

EN EL VALLE DE ELAH

Ficha técnica
Dirección: Paul Haggis.
País: USA.
Ano: 2007.
Interpretación: Tommy Lee Jones (Hank Deerfield), Charlize Theron (detective Emily Sanders), Frances Fisher (Evie), Susan Sarandon (Joan Deerfield), James Franco (sargento Dan Carnelli), Guión: Paul Haggis; basado en un argumento de Paul Haggis y Mark Boal.
Producción: Paul Haggis, Patrick Wachsberger, Steven Samuels, Darlene Caamaño Loquet y Laurence Becsey.
Música: Mark Isham.
Fotografía: Roger Deakins.
Montaxe: Jo Francis.

SINOPSE
Hank Deerfield, veterano de guerra americano, debe investigar a desaparición do seu fillo Mike, soldado destinado en Iraq que se ausenta sen permiso da súa base. Entre os efectos persoais do seu fillo atopa un teléfono móbil, que contén imaxes e mensaxes moi deterioradas da súa estancia en Iraq. Coa axuda da detective Emily Sanders e da súa muller, irá revivindo as experiencias do mozo na guerra. O que descubre faralle incluso cuestionarse a súa propia carreira militar.
Traballamos con esta película nunha das aulas de atención educativa de 1º de BACH. Para entender mellor a película é convinte dar antes un breve repaso á historia recente de Iraq e á política exterior de EEUU nos últimos 20 anos (podedes atopalo na unidade didáctica que vos deixamos abaixo).
Ao longo da película aparece a bandeira americana como un motivo constante que insiste en recordarnos e ese "servizo" á patria que os diferentes personaxes supostamente tributan. Ofrécesenos unha dubidosa imaxe do exército americano, do seu réxime disciplinario en tempos de guerra e do código ético dos soldados. No filme vemos o drama dun pai que perde a un fillo, pero non precisamente no campo de batalla, senón no seu propio país. O noso protagonista descubre unha nova xeración de soldados cun código de valores diferente aos seus, ve como o mundo e as causas polas que loitou se esboroan ante a brutalide da guerra. A guerra aparece coma un monstro que nos convirte en bestas.

5/11/2009

PERSÉPOLIS

Persépolis (2007) é un filme de animación realizado por Marjane Satrapi en colaboración con Vincent Paronnaud. Está baseada no cómic do mesmo título, realizado Satrapi, e publicado en Francia entre 2000 e 2003.

SINOPSE
Persépolis é unha historia autobiográfica que comeza en Irán en 1979, cando a autora ten nove anos e vive un cambio social e político importante: a caída do Sha de Persia e a revolución islámica liderada polo Ayatolah Jomeini. Case na adolescencia, trasládase a Austria para cursar estudios no Liceo Francés de Viena, a instancias dos seus pais, unha familia de clase media que quere que Marjane reciba unha educación máis liberal. En Europa coñece outra cultura e outro modo de vida, pero a súa integración non será fácil. Marjane decide regresar e, xa en Irán, decátase de que a vida baixo un réxime islámico non é doada e que segue a ter problemas de adaptación.
Máis información en http://www.vertigofilms.es/persepolis/

Vimos esta magnífica película nunha das aulas de Atención Educativa e 1º de BAC. Aparte de apreciar a súa gran calidade estética, achegounos á sociedade iraní e á historia recente de Irán, algo bastante descoñecido para nós. Ao mesmo tempo, a través do relato da autora imos descubrindo outras caras das sociedades islámicas. Pero, á parte das diferencias culturais hai algo que nos une a máis Marjane Satrapi: a súa historia persoal de crecemento e madurez en circunstancias difíciles, a súa viaxe interior que a convirte en adulta.
Deixamos aquí a unidade didáctica coa que traballamos na aula por si vos é de utilidade.

LITERATURA E CINE:El niño con el pijama de rayas

O ano pasado lin o libro "El niño con el pijama de rayas" ; é moi bonito, cando o empezas a ler, é un pouco "rollo", pero cando chegas á metade, xa é un vicio do que non das saído e do que non podes librarte. O final é totalmente inesperado. Para min, a película é moi distinta porque aínda que ten o mesmo argumento, impactáronme as imaxes, sobre todo a última escena.
En resumo, nada coma o libro, xa que a túa imaxinación pode voar e ver a situación como ti queiras . Recomendo primeiro a lectura e logo a película: xa que poderás contrastar dúas formas de plasmar a mesma historia.
Laura Sánchez Agra 4ºA

-------------------------------------------------------------------------------
La historia de la película nos descubre una de las peores etapas de la humanidad a través de la inocencia de un niño. El argumento es un tema recurrente que ya hemos visto en muchos filmes, pero lo que realmente impacta es la historia de amistad entre dos niños en circunstancias tan distintas.
La película engancha hasta el final, que es tremendamente triste. No hay un "happy end”, todo lo contrario. Está lleno de dolor, odio, injusticia y sobre todo silencio.
Una de las cosas que más me gustaron es la música que acompaña a las escenas y hace sentir aún más las impresiones al verlo.
Por eso, una vez leído el libro, y vista la película, en mi opinión, está mejor esta última, porque se vive más intensamente y se reflexiona mejor sobre la historia.
Cristina López Loureiro 4º A

5/08/2009

TIEMPOS MODERNOS ( MODERN TIMES)

¡Hola!. El viernes de la pasada semana, 1 de mayo, se celebró el Día Mundial del Trabajo. La película que hoy os propongo, está relacionada con este evento, pues trata de las condiciones laborales de los obreros durante la época de la Gran Depresión , provocadas también, en gran medida, por la extensión de la industrialización y el trabajo en cadena. Su director y protagonista es Charlot. El resumen del argumento es el siguiente: un obrero de la industria del acero acaba perdiendo la razón, extenuado por el frenético ritmo de su trabajo. Después de pasar un tiempo en el hospital recuperándose, al salir, es encarcelado por participar en una manifestación, en la que se encontraba por casualidad. En la cárcel, también sin pretenderlo, ayuda a controlar un motín por lo que gana su libertad. Una vez fuera de la cárcel reemprende la lucha por la supervivencia, lucha que compartirá con una joven huérfana que conoce en la calle.
Son memorables escenas como la de la "comida automática" del pobre trabajador, sus apuros con la cinta transportadora o su aprisionamiento por unos engranajes (en la imagen superior). Como siempre, el gran genio, sirviéndose de situaciones cómicas realiza, en el fondo, una feroz crítica social. A pesar de todo,el final está lleno de esperanza y poesía y constituye una de las escenas clásicas de la historia del cine. ¡Hasta la próxima ocasión!
Ficha técnica
Dirección
Charles Chaplin
Producción
Charles Chaplin - Regent (United Artists)
Guión
Charles Chaplin
Música
Charles Chaplin
Fotografía
Rollie TotherohIra Morgan
Reparto
Charles ChaplinPaulette GoddardHenry BergmanChester ConklinLloyd Ingraham
Datos y cifras
País(es)
Estados Unidos
Año
1936
Género
Comedia/Romance
Duración
87 minutos
Clasificación: todos los públicos

O agasallo de Silvia


Ao tempo que a súa familia e os seus amigos a estaban a soterrar, o corazón de Silvia latexaba con forza en Carlos, os seus cristalinos comezaban a ver nos ollos de Inés e o seu fígado destilaba perfectamente nas entrañas de Mateo.

Esta adolescente quería facer un agasallo moi especial, e deixábao gravado no seu vídeo-diario:O agasallo de Silvia.


Película para pensar e chorar.
FICHA:
Dirección: Dionisio Pérez
Intérpretes:
Bárbara Goenaga
Luís Tosar
Víctor Clavijo
Adriana Domínguez

Mar adentro




Ramón leva case trinta anos postrado nunha cama ao coidado da súa familia. A súa única xanela ao mundo é a do seu cuarto, xunto ao mar polo que tanto viaxou e onde sufriu o terríbel accidente que lle truncou a vida.


Está baseada na historia real do tetrapléxico galego Ramón Sampedro, que loitou durante anos polo dereito á eutanasia.


Película para reflexionar sobre un tema tan importante como é a eutanasia.
FICHA
Dirección: Alejandro Amenábar
Interpretación:
Javier Bardem
Belén Rueda
Mabel Rivera
Celso Bugallo.

5/06/2009

Sempre Xonxa


Historia dunha muller e dous homes, Pancho e Birutas, dende a súa infancia no ano 1947 até a súa madurez no ano 1986. A emigración nas súas dúas vertentes de éxito e miseria, a complexidade das relacións humanas, a lenda que se confunde coa realidade nunha aldea que vai morrendo nos montes de Galiza.

Sempre Xonxa é para o audiovisual galego o que foi Cantares Gallegos para a nosa literatura, un fito que sinalou un camiño polo que seguir.

Segundo Chano Piñeiro, o seu director: "Facer cine en Galicia é posible, facer cine en galego é necesario"
FICHA:
Director: Chano Piñeiro
Intérpretes:
Manuel Alonso Pérez
Uxía Blanco
Roberto Casteleiro
Margarita Fernández

Entre bateas


O filme narra o conflito entre os antigos contrabandistas de tabaco e os novos narcotraficantes, a través da historia de Mario, un experto condutor de planeadoras, de Sego, un antigo amigo seu que opta por pasarse ao tráfico de drogas. A trama complétase coa relación de Mario e a súa muller, farta do seu oficio de contrabandista de tabaco.


FICHA:
Director: Jorge Coira

INTÉRPRETES:
Miguel de Lira
Nekane Fernández
Pepo Suevos