
FICHA TÉCNICA
País: España.
Ano: 2003.
Duración: 106 min.
Dirección: Icíar Bollaín.
Interpretación: Laia Marull (Pilar), Luis Tosar (Antonio), Candela Peña (Ana), Rosa María Sardà (Aurora), Kity Manver (Rosa), Sergi Calleja (Terapeuta), Dave Mooney (John), Nicolás Fernández Luna (Juan), Elisabet Gelabert (Lola), Chus Gutiérrez (Raquel), Elena Irureta (Carmen).
Guión: Icíar Bollaín y Alicia Luna.
Producción: Santiago García de Leániz.
Música: Alberto Iglesias.
Fotografía: Carles Gusi.
Montaxe: Ángel Hernández Zoido.
Vestiario: Estíbaliz Markiegi.
SINOPSE
Toledo. Inicios do século XXI. Nunha escura noite de inverno, unha muller nova, Pilar, sae precipitadamente de casa co seu fillo. Está tan agobiada que sae de casa en zapatillas. Vaise porque o seu marido, Antonio, maltrátaa, agrédea, humíllaa. Antonio non tardará en ir a buscala porque, segundo di, Pilar é o seu sol e “deulle os seus ollos”. Ao longo do filme, a directora Icíar Bollaín intentará reflexionar sobre que é o que provoca que nunha parella haxa unha situación de violencia. Quererá responderse á seguinte pregunta: ¿por que dúas persoas que se queren chegan ao maltrato, á violencia e, en ocasións, ao asasinato?
Traballamos con esta película nunha das aulas de atención educativa de 1º de BAC, para facer unha reflexión sobre a violencia de xénero, coincidindo co 25 de novembro. Ás veces é difícil explicar un comportamento violento nun personaxe como Antonio, que en realidade quere á súa muller, pero que non sabe querer sen posuír, sen dominar... e que necesita o control absoluto sobre a outra persoa para sentirse forte. Antonio é unha persoa insegura, con baixa autoestima, que canaliza as súas frustracións diarias na violencia contra a súa muller.
Por outra banda, Pilar foi deixándose absorber polo seu home ata converterse nunha sombra e, segundo as súas propias palabras, deixar de "verse". Pilar é unha muller dependente económica e afectivamente do seu home, pero vencerá antes a dependencia económica que a afectiva. Pilar segue aferrada a un Antonio que a namorou e non renuncia á esperanza de que cambie, o que fai que volva con el e reviva o horror. Só a humillación total a fará reaccionar.
Comparamos a historia de Pilar e Antonio coa de Roz, protagonista do cómic Quiéreme bien, unha historia de autobiográfica, contada por Rosalind B. Penfold. Se queres saber máis acerca deste cómic ou da película, bota unha ollada á nosa unidade didáctica.

