O día 8 de deste mes celébrase en todo o mundo o "Día da muller traballadora". Unha película exponente , coma poucas , deste tema é Norma Rae , a historia dunha muller do sur de E.E.U.U. , que tras anos traballando nunha fábrica textil, pouco preocupada polas condicións laborais e dedicada a evadirse nos seu tempo de ocio, esperta á crúa realidade até converterse en activista sindical e en dirixente de vangarda que loita por acadar unhas condicións de traballo dignas para os seus compañeiros. O filme ten, sen dúbida, un carácter feminista: a toma de conciencia que experimenta Norma, supón a adopción dun novo rol como muller: o seu papel de sindicalista non sería posible sen unha autonomia persoal. Norma Rae está na mesma tradición do cine social que La sal de la tierra . Ao escribir a historia, os guionistas Irving Ravetch y Harriet Frank Jr., baseáronse nun personaxe real, unha muller obreira chamada Crystal Lee Sutton, que viviu unha experiencia similar á atribuida a Norma na fábrica textil Stevens en Roanoke Rapids, onde traballou como delegado sindical durante tres anos.Ficha da película
Título.
Título.
Norma Rae
Dirección
Martin Ritt
Producción
Alexandra RoseTamara Asseyev
Guión
Harriet Frank Jr.Irving Ravetch
Música
David Shire
Fotografía
John A. Alonzo
Montaje
Sidney Levin
Reparto
Sally FieldBeau BridgesRon LeibmanPat HingleBarbara BaxleyGail StricklandMorgan Paull
A película gañou os Oscars á mellor actriz (Sally Field) e á mellor canción (David Shire e Norman Gimbel por "It Goes Like It Goes").
Dirección
Martin Ritt
Producción
Alexandra RoseTamara Asseyev
Guión
Harriet Frank Jr.Irving Ravetch
Música
David Shire
Fotografía
John A. Alonzo
Montaje
Sidney Levin
Reparto
Sally FieldBeau BridgesRon LeibmanPat HingleBarbara BaxleyGail StricklandMorgan Paull
A película gañou os Oscars á mellor actriz (Sally Field) e á mellor canción (David Shire e Norman Gimbel por "It Goes Like It Goes").
Clasificación: maiores de 14 anos
No hay comentarios:
Publicar un comentario