Coma en todas as guerras, a 2ª Guerra Mundial foi pródiga en violacións de dereitos humanos , pero neste filme lémbrase a historia dunha masacre silenciada e vergonzante, perpetrada contra o pobo polaco. No ano 1940, 22000 oficiais polacos foron asasinadas polas tropas soviéticas. Stalin tratou de agochar o terrible suceso atribuíndollo aos nazis. Pero os países aliados (Francia, Inglaterra...) coñecían a verdade que non lles interesaba difundir: daquela os sovíéticos eran os seus aliados: e miraron cara a outro lado. Só moito máis tarde, a verdade saiu á luz. O director da película, Andrej Wajda, é fillo dun dos militares vítimas do crime. A historia de Polonia no século XX, é por desgraza, a dun pobo atenazado entre os inimigos orientais, os soviéticos e os nazis.Katyn foi candidata ao Oscar á mellor película estranxeira. Seguindo como fío condutor o diario dun oficial, podemos apreciar todo o sufrimento do heroico pobo polaco. Ogallá que non o haxa que lembrar nunca máis.
Ficha técnica
Ano de produción: 2007
País: Polonia
Direción: Andrzej Wajda
Intérpretes: Artur Zmijewski, Maja Ostaszewska, Andrzej Chyra, Danuta Stenka, Jan Englert, Magdalena Cielecka, Agnieszka Glinska
Guión: Andrzej Mularczyk, Wladyslaw Pasikowski, Andrzej Wajda
Música: Krzysztof Penderecki
Fotografía: Pawel Edelman
Distribúe en Cine: Karma Films
Duración: 118 min.
Público axeitado: Xóvenes
País: Polonia
Direción: Andrzej Wajda
Intérpretes: Artur Zmijewski, Maja Ostaszewska, Andrzej Chyra, Danuta Stenka, Jan Englert, Magdalena Cielecka, Agnieszka Glinska
Guión: Andrzej Mularczyk, Wladyslaw Pasikowski, Andrzej Wajda
Música: Krzysztof Penderecki
Fotografía: Pawel Edelman
Distribúe en Cine: Karma Films
Duración: 118 min.
Público axeitado: Xóvenes
No hay comentarios:
Publicar un comentario