4/29/2010

30 ANOS SEN HITCHCOCK


O 29 de abril fixo 30 anos do pasamento de Alfred Hitchcock, un dos máis grandes directores cinematográficos. Nado en Inglaterra, recibiu unha estrita educación que provocou nel unha serie de complexos e a súa proverbial timidez. Traballa en Londres no mundo do cine, chegando a realizar as súas propias películas, primeiro mudas e logo, faladas. En 1940 da o salto a E.E.U.U. onde roda unha obra maestra, Rebeca, baseada nunha novela de Daphne du Mourier. Non consegue o Oscar, ao que é nominado, pero desde entón, comeza unha carreira imparable de éxitos Sospecha,La sombra de una duda, Encadenados etc.
Os anos 50 estiveron enchidos de grandes títulos como Crimen perfecto, La ventana indiscreta, Atrapa a un ladrón (os 3 filmes protagonizados por Grace Kelly, a súa actriz "fetiche") e moitos otros como Psicosis, película de terror debaixo presuposto que resoltou ser a máis taquilleira. Unha das súas "manías" consistía en aparecer nos seus propios filmes como figurante, realizando así os seus famosos "cameos" que se converteron nun selo de identidade das súas obras.En 1968 recibe un Óscar honorífico, sendo considerado na historia do cine como o maestro do suspense, pola intriga e emoción que sabía imprimir ás súas películas.
En 1976 roda La trama, a súa última película. Morre en Los Angeles o 29 de abril de 1980.


Fotograma de "La ventana indiscreta" con J.Stewart e G.Kelly

No hay comentarios: