5/11/2009

PERSÉPOLIS

Persépolis (2007) é un filme de animación realizado por Marjane Satrapi en colaboración con Vincent Paronnaud. Está baseada no cómic do mesmo título, realizado Satrapi, e publicado en Francia entre 2000 e 2003.

SINOPSE
Persépolis é unha historia autobiográfica que comeza en Irán en 1979, cando a autora ten nove anos e vive un cambio social e político importante: a caída do Sha de Persia e a revolución islámica liderada polo Ayatolah Jomeini. Case na adolescencia, trasládase a Austria para cursar estudios no Liceo Francés de Viena, a instancias dos seus pais, unha familia de clase media que quere que Marjane reciba unha educación máis liberal. En Europa coñece outra cultura e outro modo de vida, pero a súa integración non será fácil. Marjane decide regresar e, xa en Irán, decátase de que a vida baixo un réxime islámico non é doada e que segue a ter problemas de adaptación.
Máis información en http://www.vertigofilms.es/persepolis/

Vimos esta magnífica película nunha das aulas de Atención Educativa e 1º de BAC. Aparte de apreciar a súa gran calidade estética, achegounos á sociedade iraní e á historia recente de Irán, algo bastante descoñecido para nós. Ao mesmo tempo, a través do relato da autora imos descubrindo outras caras das sociedades islámicas. Pero, á parte das diferencias culturais hai algo que nos une a máis Marjane Satrapi: a súa historia persoal de crecemento e madurez en circunstancias difíciles, a súa viaxe interior que a convirte en adulta.
Deixamos aquí a unidade didáctica coa que traballamos na aula por si vos é de utilidade.

2 comentarios:

fanii e taniia dijo...

persépolis é unha película que non estamos afeitas a ver,nos polo menos, para o noso ver non é unha das mellores películas que se poden ver pero ao mesmo tempo é unha destas pelis coas que aprendes algo...de ahora ou de fai algun tempo... asique se queredes saber algo máis de Irán ou saber como era antes a situación so tendes que vela!!!!

vanesita & edurne dijo...

encantounos esta pelicula.
o descoñecemento que tiñamos da sociade arabe neste caso a irani foi resolto.
axudounos moito a ver comoo son o resto da vida e da sociedade fora do noso pais.
fainos apreciar moito a nosa vida e cultura xa que na pelicula vese a inferiioridade da muller e o poder que ten a relixion.
ten escenas de violencia que nos fai recapacitar.
saudos.