4/21/2009

EL CLUB DE LOS POETAS MUERTOS


Dead Poets Society (traducida en España como El club de los poetas muertos) é unha película estadounidense dirixida por Peter Weir en 1989 con guión de Tom Schulman. Protagonizada por Robin Williams, narra o encontro dun profesor de literatura cun grupo de estudantes en 1959 nunha prestixiosa e conservadora academia. A través da poesía, o profesor inspira un cambio nas vidas dos seus alumnos, que se rebelan contra o conservadurismo moral e reclaman o seu posto na sociedade. Gañou un Oscar ó mellor guión orixinal.
Persoalmente, penso que é unha película fantástica, que inda sendo bastante vella, serve para os de hoxe tamén, porque o importante é a mensaxe que nos quere transmitir:
"O día de hoxe non se volverá repetir. Vive intensamente cada instante. O que non significa aloucadamente, se non mimando cada situación, escoitando a cada compañeiro, intentando realizar cada soño positivo, buscando o éxito do outro, examinándote da asignatura fundamental: o Amor. Para que un día non lamentes ter malgastado egoístamente a túa capacidade de amar e dar vida."


FICHA TÉCNICA:
Dirección: Peter Weir
Duración: 124 min.
Género: Drama
Reparto: Robin Williams, Robert Sean Leonard, Allelon Ruggiero, Dylan Kussman, Gale Hansen, James Waterson, Lara Flynn Boyle, Josh Charles, Ethan Hawke
Guión: Tom Schulman
Música: Maurice Jarre
Productor: Paul Junger Witt, Steven Haft, Tony Thomas

É destas películas que non te deixan indiferente e que valen a pena ver.

Redactado por: Iria Parras Vázquez, 4ºA.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Certamente esta é unha desas películas que non se esquecen:ese profesor que sabe espertar o espírito dos seus alumnos, animándolles a "aproveitar o momento",non dun xeito inconsciente, senon como guía para a realización das súas vidas, de elixir o seu camiño...Este é un filme que non ten idade: é atemporal."Capitán, oh mi capitán!..."

Anónimo dijo...

Que gran película..creo que es de las pocas que se pueden ver una y otra vez y no te cansas,os la recomiendo de veras