Esta película, que vos poñerá os pelos de punta, está baseada na historia real de Manuel Blanco Romasanta, o vendedor ambulante que confesou que matou trece persoas, utilizando a súa graxa para facer xabón. Romasanta foi xulgado en Allariz en 1852 e evitou a condena a morte alegando que en realidade era un home-lobo. A película está inspirada nun texto do escritor Alfredo Conde, tataraneto dun forense que declarou no verdadeiro xuízo contra Romasanta.
O filme rodouse na Fonsagrada, Sarria e Compostela. Se es amante do cine de terror, recoméndoche que a vexas.Director: Paco Plaza
Intérpretes: David Gant, Tacho González, Laura Mañá e Elsa Pataky
No hay comentarios:
Publicar un comentario