Xacobe, un escultor novo, volve á súa cidade natal, Santiago, despois de vinte anos de ausencia, cando descobre que súa nai, a quen cría morta, está en realidade internada nun psiquiátrico.
Esta volta vaino obrigar a se enfrontar co seu pasado, e levarao ao centro dun pesadelo no que el é a peza fundamental nun labiríntico plan.
Este filme está baseado na obra de Suso de Toro que leva o mesmo título.
O regreso á cidade que te viu nacer pode facerte sufrir, amar ou morrer.
Ficha:
Director: Xavier Villaverde
Intérpretes:
Juan Diego Botto
Marta Etura
Luis Tosar
7 comentarios:
ANDREA GARRIDO RÍOS 3 ESO B
Esta película ao principio non me gustou nada por que era un rollo pero despois gustoume máis.Recomendo esta película a xente que lle guste o misterio.
O principio non me pareceu que estivera moi ben, pero despois cando comezaron a pasar máis cousas gustoume!
Ademais a min as películas de misterio encántanme pero esta pensei que estaría mellor!
Rocio Conde Mato 3ºB
Non me pareceu unha película moi bonita, xa que non me gustan as pelis de medo.
As persoas ás que lles guste un pouco o terror recoméndolla, aínda que tamén dá un pouco de noxo.
Lucía Corral López
ANGELA GUNTIN ZAVALETA 3 ESO A
A min esta peli gustoume bastante porque intriga moito e cada vez mais e mais aunque transmite unha sensacion de medo.Pero o que mais me gustou foi o final cando Xacobo lle illa pegar un bofeton a o seu fillo pero xusto naquel momento recordou polo que pasou él co se pai e retirou a man e abrazao a seu fillo
cristina conde roca
esta pelicula e unha das mellores que vin en galego.
o que me chamou moito a atencion foi a maneira que ten de cambiar moi rapido de situacion e casi non che da tempo a asimilar o que estaba pasando.
miriam cea otero
esta pelicula gustoume moito xa que da bastante medo, ten moita intriga e as cousas pasan moi rapido.esta pelicula sen duda e nha das mellores que vin en galego.
Esta pelicula gustoume xa que ten moita intriga e da moito medo.O peor é que as escenas pasan moi rapido.
Edurne Suarez Prado
Publicar un comentario