4/30/2009

As películas do momento

FUGA DE CEREBROS

Nun humilde Instituto de barrio estuda Emilio (Mario Casas), un rapaz tímido e cunha media de cinco, que leva toda a súa vida namorado en segredo de Natalia (Amaia Salamanca), a rapaza guapa e lista da clase. Cando o último día de curso, por fin se decide a declararse, a Natalia concédenlle unha beca para estudar Menciña en Oxford. Todo parece perdido para Emilio, pero os seus colegas marxinados do Instituto non están dispostos a rendirse.
Tras falsificar expedientes e becas, esta pandilla de descerebrados desembarcan en Oxford revolucionando a apacible vida do Campus: Un cego decidido a ter as mesmas oportunidades que os videntes, un heavy en cadeira de rodas con exceso de testosterona, un líder intelectual sen intelecto e un xitano cuxo punto forte, ademáis dos trapicheos e a estafa, é o seu bon corazón.
Unha comedia para non perderse!
Redactado por Marta

11 comentarios:

Anónimo dijo...

Esta peli é como todas ou case todas as pelis españolas, unha merda.Non lla recomendo a ninguén, non a vexades, non paga a pena.É como a típica peli americana de tío listo non popular que lle gusta tía popular e que vai á fin do mundo por ela ata que a consegue, e conséguea, claro.Nada orixinal, esta peli non vale nada.

Anónimo dijo...

Doulle a razón ao anónimo, unha pelicula que trata de imitar a outras extranxeiras porque non se dan de conta da trapallada de cine
que hay en España. Ridiculizan aspectos irridiculizables como é a minusvalía. Penso que tratan de que a xuventude se vexa reflezada, pero non todos somos asi, a ver si se dan conta dunha vez ou productores españois!!
Pareceme penoso sinceramente que neste blog de boas películas haxa unha coma esta.
Un saudo

TQANIIA dijo...

non estou de acordo coa opinión do noso amigo anónimo...non sei...que queres que xe diga??? senon apoiamos o cine español, que imos apoiar??para o meu ver non se basa so na típica peli de tío non popular(...) senon que hai humor polo medio e hai outras historias amorosas...para o anónimo alegrome de que so vexas peliculas NON españolas...xa que todas son iguais...e pon o nome...polo menos...!

Anónimo dijo...

Para que vou poñer o nome se xa sabes quen son??(enfin...)
E si ti diches no quit da cuestion, e a tipica peli dun tio non popular que o final todo remata ben. Hay peliculas boas como Mar Adentro, O Lapis do Carpinteiro, Te doy mis ojos, ets.
Pero está claro que para ver cine hay que ter coñecementos e para empezar a xuzgar películas hay que ter visto moitas antes, e eu non vin demasiadas, pero coas que vin chegaronme para ver que esta peli é unha MERDA!!

vanesita & edu dijo...

encantounos!!!
recomendovos que a vexades porque non e a tipica êspañolada^mal feita..
faite rir moitisimo e pasalo super ben.
eu volveria a vela porque parteste as nalgas con ista pelicula.

bicos e saudos!!

x dijo...

eche unha merda pinchada nun pao e estou de acordo con anonimo

vanesaka y eduuu dijo...

pois nos non estamos dacordo!!!
esta pelicula faite rir a cachón!!!

Rottem Fruit dijo...

si claro edu..vichela?really??...tamen viche-la de hanna montanna..e gustouche..non teño na mais que alegar..(jeje)

Anónimo dijo...

Unha peli non so se trata de facer rir, hay moitos aspectos moito mais importantes!

x dijo...

claaaaaaaaaaaaaaaro, e boiisima...
tania contesta atrevete

Anónimo dijo...

parece unha merda.non a vexades,é dibolo alguén que sabe desto....