O filme narra o conflito entre os antigos contrabandistas de tabaco e os novos narcotraficantes, a través da historia de Mario, un experto condutor de planeadoras, de Sego, un antigo amigo seu que opta por pasarse ao tráfico de drogas. A trama complétase coa relación de Mario e a súa muller, farta do seu oficio de contrabandista de tabaco.
FICHA:
Director: Jorge Coira
INTÉRPRETES:
Miguel de Lira
Nekane Fernández
Pepo Suevos
4 comentarios:
Noelia Modia 1ºBAC B
a min gustoume esta película porque amosa un dos principais problemas, o narcotráfico, deixanos ver que algúns polas drogas deixano todo e incluso matan, como foi o caso de Sego co seu xefe.
O que menos me gusto foi que cando a muller de Mario o deixou o seu amigo díxolle que non loitara por recuperala xa que el lle recomendaría unha muller.
Gustoume esta película porque aparte de ter algúns dos mellores actores galegos, reflicte moi ben o mundo do contrabando en Galicia nos anos 70 e 80.o meu actor favorito é Miguel de Lira que aínda que como protagonista se ve atrapado nese mundo intenta saír e é incapaz xa que o seu amigo Sego o arrastra con el.Pareceume bastante tráxica pero bonita ao mesmo tempo.
Alba Fernández Buján 1º BAC-B
A min esta película gustoume porque o tema da droga é un tema actual qeu vivimos cada día.Para moitos narcotraficantes ese pode ser o seu día a día, arriesgarse tódolos días a vida para poder vivir.
Sandra Vázquez Freire. 1º BAC C
Gustoume moito esta película porque se ve como os protagonistas, xa cando eran pequenos, tiñan a personalidade definida. O que non me gusta é o final, xa que é unha película podian deixar o protagonista vivo, xa que esa era a última vez que saia por droga.
Patricia Vázquez Porto 1ºBAC B
Publicar un comentario