5/22/2009

LAS TORTUGAS PUEDEN VOLAR


FICHA TÉCNICA
Dirección: Bahman Ghobadi
Guión: Bahman Ghobadi
Música: Housein Alizadeh
Fotografía: Shahriar Assadi
Montaxe: Mustafa Kherqepush, Haydeh Safi-Yari
Reparto: Avaz Latif, Soran Ebrahim, Hiresh Feyssal Rahman, Saddam Hossein Feysal, Abdol Rahman Karim, Ajil Zibari Datos y cifras
Países: Irán, Francia, Iraq
Ano: 2004

SINOPSE
Poucos días antes da invasión de Iraq por EEUU, na fronteira entre Irán e Turquía, un grupo de refuxiados kurdos busca desesperadamente os medios necesarios para facerse cunha antena parabólica e así informarse sobre a inminente guerra que se aveciña.
Os protagonistas son nenos víctimas da guerra, mutilados, orfos, violados, famentos... que desarraigados loitan por sobrevivir en condicións infrahumanas. Os nenos están liderados por “Satélite”, un adolescente experto en antenas, que os organiza para traballar recollendo minas antipersoa que venden no mercado negro. O liderato de Satélite será cuestionado por Hengov, un rapaz mutilado dos dous brazos, que é capaz de ver o futuro e está sempre acompañado pola súa fermosa irmá Agrin e o seu irmanciño cego Riga.

A película amósanos o sufrimento diario da vítimas máis febles das guerras, os nenos. Nenos que xa están destrozados por outras guerras e se ven ameazados por outra nova. A eles dedicaba o premio o director, Bahman Ghobadi, emocionado ao recibir a Concha de Oro en San Sebastián, e afirmaba que a película realizárase cun presuposto moi baixo, xa que non tivera que amañar ningún escenario, todo estaba aí.
As tartarugas tamén voan é unha película moi crúa, na que a ficción e a realidade se mesturan, onde os actores son vítimas reais dos dramas que representan. A cinta non fai concesións, son poucos os momentos de humor e agradécense estes pequenos momento de distensión. De novo a guerra aparece coma un monstro que engule todo, cebándose cos máis débiles.

1 comentario:

x dijo...

unha pelicula moi boa que ten que ver todo o mundo, excepto os sensibles.