5/12/2009

EN EL VALLE DE ELAH

Ficha técnica
Dirección: Paul Haggis.
País: USA.
Ano: 2007.
Interpretación: Tommy Lee Jones (Hank Deerfield), Charlize Theron (detective Emily Sanders), Frances Fisher (Evie), Susan Sarandon (Joan Deerfield), James Franco (sargento Dan Carnelli), Guión: Paul Haggis; basado en un argumento de Paul Haggis y Mark Boal.
Producción: Paul Haggis, Patrick Wachsberger, Steven Samuels, Darlene Caamaño Loquet y Laurence Becsey.
Música: Mark Isham.
Fotografía: Roger Deakins.
Montaxe: Jo Francis.

SINOPSE
Hank Deerfield, veterano de guerra americano, debe investigar a desaparición do seu fillo Mike, soldado destinado en Iraq que se ausenta sen permiso da súa base. Entre os efectos persoais do seu fillo atopa un teléfono móbil, que contén imaxes e mensaxes moi deterioradas da súa estancia en Iraq. Coa axuda da detective Emily Sanders e da súa muller, irá revivindo as experiencias do mozo na guerra. O que descubre faralle incluso cuestionarse a súa propia carreira militar.
Traballamos con esta película nunha das aulas de atención educativa de 1º de BACH. Para entender mellor a película é convinte dar antes un breve repaso á historia recente de Iraq e á política exterior de EEUU nos últimos 20 anos (podedes atopalo na unidade didáctica que vos deixamos abaixo).
Ao longo da película aparece a bandeira americana como un motivo constante que insiste en recordarnos e ese "servizo" á patria que os diferentes personaxes supostamente tributan. Ofrécesenos unha dubidosa imaxe do exército americano, do seu réxime disciplinario en tempos de guerra e do código ético dos soldados. No filme vemos o drama dun pai que perde a un fillo, pero non precisamente no campo de batalla, senón no seu propio país. O noso protagonista descubre unha nova xeración de soldados cun código de valores diferente aos seus, ve como o mundo e as causas polas que loitou se esboroan ante a brutalide da guerra. A guerra aparece coma un monstro que nos convirte en bestas.

2 comentarios:

Xoan Carballo dijo...

Esta é unha película moi impactante, xa que a perda dun fillo no exercito é moi dura para un pai, e decubrir que realmente non era un santo o seu fillo ou mesmo non era como eles pensaban, eu penso que lle doeu máis pensar o segundo.
Pero está moi ben!!!!!!!
Tedela que ver!!!!!!!!!!

Diego Garea dijo...

Esta é unha película moi impactante, xa que a perda dun fillo no exercito é moi dura para un pai, e decubrir que realmente non era un santo o seu fillo ou mesmo non era como eles pensaban, eu penso que lle doeu máis pensar o segundo.
Pero está moi ben!!!!!!!
Tedela que ver!!!!!!!!!!