5/13/2009

GOOD BYE, LENIN !


Neste 2009 cúmprense 20 anos dende a caída do muro de Berlín, no mes de outubro. Esta película rememora estes feitos na persoa dunha muller, fervente comunista, que cae en coma, nos días anteriores ao cambio de réxime e esperta meses despois, cando Alemaña xa está reunificada. Aconsellado polos médicos, o seu fillo decide ocultarlle á nai todo o sucedido : fai unha "montaxe" na súa habitación, conservando todo segundo ela o deixara e coa axuda da irmá e dun compañeiro , que graba falsos vídeos, recrea o ambiente da antiga República Democrática Alemana, como se nada tivese acontecido. Pero, ao final, unha espiral de mentiras acaba por afectar á familia, que, en realidade, quedara partida en dous, como a cidade berlinesa polo muro e coma tantas familias alemanas.
Neste filme mistúranse as situacións cómicas e estrambóticas coas de amarga tristura e esperanza. En definitiva, trata do trauma que sempre supón o cambio radical de modo de vida e mentalidade a outros que supoñen un incerto futuro para os personaxes. Isto aconteceu hai dúas décadas en Alemaña.
A película conseguiu varios galardóns: 6 premios da Academia de Cine Europeo, Premio Ángel Azul á mellor película estranxeira entre outros.
Ficha técnica
Dirección
Wolfgang Becker
Producción
Clasificación: todos os públicos

1 comentario:

Carlotta dijo...

me gustó mucho la pelicula porque muestra el enfrentamiento entre la alemania del muro y la alemania "actual",tambien me gusto como el hijo por proteger a su madre se esfuerza en mantener vivo el muro.