5/08/2009

Mar adentro




Ramón leva case trinta anos postrado nunha cama ao coidado da súa familia. A súa única xanela ao mundo é a do seu cuarto, xunto ao mar polo que tanto viaxou e onde sufriu o terríbel accidente que lle truncou a vida.


Está baseada na historia real do tetrapléxico galego Ramón Sampedro, que loitou durante anos polo dereito á eutanasia.


Película para reflexionar sobre un tema tan importante como é a eutanasia.
FICHA
Dirección: Alejandro Amenábar
Interpretación:
Javier Bardem
Belén Rueda
Mabel Rivera
Celso Bugallo.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

que peliculon señores que peliculon!!

SILVIA dijo...

Esta película a verdade é que me gustou moito, o argumento pareceume moi bon e gustoume moito a forma da que trataron un tema tan complicado coma este. Para min o papel mellor representado foi o de Belén Rueda. Na miña opinión estou dacordo co protagonista en que cada un ten que ter liberdade para facer o que pensa que lle vai a ser mellor, e se para él estar na cama non era vida e prefería morrrer debería estar no seu dereito, aínda que tamén para a familia ía ser moi duro.
O tema que se trata nesta película fai pensar xa que penso que o que lle pasou ó protagonista é algo moi difícil de superar para el e para a súa familia.
Ademais gustoume moito que estivese ambientada en Galicia xa que lle daba algo especial.

Patri dijo...

Mar adentro encantoume, está ben esto do cine galego, pois a outra película que vin, O lapis do carpinteiro, tamén me encantou. Pareceume enha historia moi, moi triste e podo decir que me viñeron as lágrimas ós ollos máis dunha vez. Deume moita pena a situación de Ramón, un home privado de toda a súa vida, pois vivir así, casi podo decir que non é vida, polo menos o que eu penso.Sendo un home que ten a cabeza ben posta e na súa situación, non me parece de persoas que non lle deixen realizar a Ramón o que o fai feliz e o q afronta con total normalidade:a morte.

Anónimo dijo...

ADRIAN MATO VAZQUEZ 3 ESO A

Pois non e que me gustara moito porque non remata ben e feliz,peroos protagonistas fixérono ben e a historia non estivo nada mal.A miña opinón sobre que fixo o mellor papel,coincide co de Silvia, Belén Rueda.Pareceume bastante triste porque o protagonista sempre estaba tumbao na cama sen facer nada,soamentepodía mover a cabeza e pouco mais,pero,eu doulle un aprobao xusto.De feito vina con meu pai e el recoñecéu algun lugar de aquí de Galicia.

Anónimo dijo...

Patricia Souto Blanco 3ºESO A

Esta pelicula gustoume moito, xa que está ambientada nunha historia real anque moi triste. O papel que máis me gustou foi o de Javier Bardém xa que é moi difícil permaner postrado nunha cama, coma se foses un tetrapléxico de verdade. Eu estou totalmente dacordo coa opinión de Ramón que afrontaba a morte con total naturalidade, porque para él estar así non era vida. Xa non é a primeira vez que vexo Mar Adentro e cada vez que a vexo aínda me gusta maís.